
Cando un servizo está na nube, almacenado na internet, é habitual que sufra problemas de conexión ou fallos de acceso para os usuarios. O labor dos enxeñeiros de software é que isto ocorra nunca ou case nunca, pero é algo que ocorre algunha vez e os máis prexudicados acabamos sendo os usuarios.
Esta mesma semana tivemos unha caída moi soada xa que WhatsApp estivo desconectado da rede durante unhas horas. A caída produciuse principalmente para os usuarios de Europa e o problema que houbo é que ninguén sabía como comprobar que a caída era problema da aplicación e non de nós mesmos.
Como saber cando WhatsApp cae? Ao contrario que outros servizos como Google, Facebook ou Amazon, a aplicación de mensaxería non ten ningunha maneira de comprobar se é unha desconexión xeneralizada. Pero hai maneiras de sabelo. Hoxe contámosvos as máis eficientes.
Comprobar webs especializadas
Na rede existen páxinas que comproban se un servizo está caído ou non. Fano medindo o tráfico que hai na rede da aplicación. As máis eficientes son IsTheServiceDown e Outage.Report. Desde aí podemos comprobar se o servizo está caído.
Comprobar as redes sociais
Cando ocurre algo deste estilo, ver o que se está dicindo en redes sociais é unha maneira de comprobar se o problema é xeral ou só noso. Neste caso, WhatsApp foi trending topic en Twitter grazas á xente que comentaba o que lle estaba ocorrendo.
Ver o estado de Amazon Web Services
Amazon é un dos maiores provedores de servidores do mundo. WhatsApp ten parte do seu servizo aloxado nestes servidores, polo que comprobar o estádo da páxina de Amazon Web Service pode ser unha boa idea para comprobar se hai un fallo xeral ou non.

