
YouTube é unha rede social con millóns de vídeos e billóns de horas. Tanto, que para velo todo necesitariamos varias vidas seguidas visionando as 24 horas os vídeos que hai. E aínda así, non poderiamos velos todos xa que cada minuto sóbense miles de vídeos.
Entre toda esta inmensidade de contido podémonos atopar películas completas de maneira gratuíta. E o máis interesante de todo é que estas películas son cento por cento legais, pero a cuestión é como atopalas?
Cando pasan entre 50 e 70 anos da estrea dunha película, esta pasa ao dominio público, polo que calquera persoa e ente pode expoñer esa película sen caer nun delito. Por esta razón, podémonos atopar películas clásicas por todo YouTube. O canle Cinema español clásico posúe unha boa colección de películas, e se queremos contido para os máis pequenos, Debuxos animados gratis é a nosa canle.
Á parte desas canles, o buscador tamén no noso aliado se queremos gozar da sétima arte de maneira grauita. Se buscamos “película completa de dominio público”, atoparemos numerosas subidas con filmes libres de dereitos. Tamén atopamos se buscamos “película completa”, pero aí podemos estar a axudar a usuarios que soben contido se ter permiso dos seus creadores.
Se nos gusta tamén outro tipo de cinema, a canle Paramout creou “The Paramount Vault”, unha canle onde están as súas películas máis clásicas, aínda que algunhas non podemos velas ao ter os dereitos de reprodución en España outras compañías. Tamén existen páxinas web como Legalmente Gratis, que ofrece unha lista de películas de dominio público, así como outras que posúen licenza Creative Commons.

