
Cando estamos a buscar información, a miúdo atopámonos con que acabamos co noso navegador con multitude de pestanas que non sabemos como xestionar. Chrome é un dos navegadores máis usados no mundo, pero ata agora non atopou a mellor maneira de xestionar un gran número de pestanas.
Para os acumuladores de pestanas esta xenial e simple extensión chamada SuperTabs pode ser a solución que esperaban. Ten só dúas funcións, pero ambas son letais.
SuperTabs engade unha icona á barra de extensións de Chrome cun contador de pestanas abertas, isto é perfecto para cando tes tantas que é case imposible contalas só mirando.
A segunda e máis importante función deste complemento: unha lista comprensible das pestanas que tes abertas e que che permite ir a elas nun só click. Se usas Chrome e abres máis pestanas das que pode axustar a interface do navegador polo reducido espazo en pantalla, sabes que se empezan a encoller a tal nivel que sen visualmente indistinguibles.
Co teu botón de SuperTabs en Chrome podes mirar a lista de pestanas co seu título descritivo, navegar entre elas facendo scroll, ou mesmo podes usar o buscador integrado. SuperTabs é de balde e podes descargar a extensión nesta ligazón.

