Tres trucos para xestionar mellor a túa conta de Instagram

Cando queremos promocionar o noso negocio ou proxecto, as redes sociais son un gran escaparate para posibles clientes ou público obxectivo ao que pode interesarlle o que fagamos.

A pesar de ser unha rede social de fotografía, Instagram é un sitio ao que podemos sacarlle moito partido se queremos promocionar as nosas ideas ou negocio. Ao ser unha rede social tan específica, é recomendable seguir unhas certas directrices e hoxe querémosvos apuntar tres trucos para mellorar a conta de Instagram.

Transforma a túa conta nunha de empresa

Desde hai uns meses Instagram permite ter páxinas de empresa no canto de perfís de empresa. Cambiar o noso perfil por un de empresa proporcionaranos estatísticas de evolución, información sobre seguidores e saber cales son as publicacións máis destacadas da nosa conta. Para activalo tan só temos que vincular a nosa conta de Instagram coa de Facebook e logo, desde a configuración, ir á opción de “Cambiar a conta de empresa”.

Publicar imaxes desde o computador

En teoría, Instagram só permite publicar a través da app do teléfono móbil, pero desde que introduciron a posibilidade de ver os perfís a través da web, é posible enganar ao sistema e subir fotos directamente desde o computador. Para facelo existe unha extensión de Google Chrome que nos permite subir as fotos dunha maneira moi sinxela.

Programar imaxes

Programar contido é unha estratexia moi útil se queremos mellorar o noso perfil. Hai ferramentas de xestión de contas sociais que permiten facelo pero sempre requiren que teñamos que aceptar desde o teléfono a aplicación. Pero hai unha solución: SocialGest permite de maneira gratuíta programar publicacións.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.