Nethinking2015

Somos escravos das novas tecnoloxías? De que se falou en Nethinking 2015?

,

A semana pasada celebrábase a quinta edición de nethinking. Que é? Trátase dun “encontro anual entre algúns dos expertos comunicadores, bloggers, e artistas máis influíntes en internet, para debater e transmitir coñecemento sobre a contorna dixital, os novos medios de comunicación e os modelos de negocio en torno aos contidos dixitais na rede”. A que […]

O auxe dos vídeos online

,

Seguro que vos decatastes de que cada vez se publican máis vídeos en páxinas web, blogs e redes sociais. O vídeo online está a marcar a comunicación das marcas na rede e está a revolucionar a industria dos medios de comunicación. Segundo Limlight Networks o 90% dos consumidores estadounidenses están dispostos a abandonar a suscrición á […]

Asistentes voz

Siri, Cortana e Google Now

,

Usádelos? Resúltanvos útiles? En venturebeat.com preguntáronse que asistente de voz funciona mellor en inglés, italiano, francés, alemán e chino. Por quen apostades? Siri (iOS), Cortana (Windows Phone) ou Google Now (Android)? O método para o estudo consistía en facer 18 preguntas nos 5 idiomas. Se as respostas eran boas e directas obtiñan un punto, se […]

Easypromos

Guía práctica | Facer concursos en Facebook

, ,

Os concursos e os sorteos son unha das ferramentas máis efectivas para conseguir que aumente a comunidade de seguidores en Facebook e para que aumente o nivel de interacción coa páxina. Esquecédevos de concursos tipo “dálle a gústame e comparte e faremos un sorteo entre os participantes” ou “publica unha foto na nosa biografía e […]

marketinglocal

Que é o marketing local?

, ,

Quen de vós non fixo algunha busca dalgún servizo no móbil, na rúa? Disque o futuro está no marketing local. Que é? Os consumidores buscamos servizos e produtos que poidamos atopar preto de onde nos atopamos. Parece lóxico que as marcas intenten chegar a nós a través dos dispositivos móbiles e dos servizos de xeolocalización. […]

A aplicación do mes: Botafumeiro R.A. e Botafumeiro R.V.

,

En Xente Dixital xa compartimos información sobre outras apps da Xunta como MeteoGalicia, abalarMóbil, PcPG-Contratos de Galicia, Museo Centro Gaiás, etc. Desta volta descargamos Botafumeiro R.A. e Botafumeiro R.V. dispoñibles para dispositivos Android. Botafumeiro R.A. é unha aplicación de realidade aumentada que permite, cunhas gafas de realidade virtual, visualizar unha recreación estereoscópica do botafumeiro da […]

contidosdixitais_CDTIC

1 mes, 1 profesión dixital: os contidos dixitais

, ,

Xa vos falamos do programa “1 mes, 1 profesión dixital”, campaña de divulgación e difusión dos novos perfís profesionais da era dixital organizada pola Amtega e o CPEIG. Arrancaba en abril nunha xornada sobre marketing dixital. A segunda cita é hoxe e leva por título: “Faite profesional dixital dos… CONTIDOS DIXITAIS”. Botádelle un ollo aos […]

Voluntariado Dixital

“Estar en contacto con voluntarios que queren compartir os seus coñecementos e o seu tempo é moi enriquecedor para a entidade”

,

Hoxe quixemos facer unha entrevista diferente e achegarnos á Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos para falar con Charo, a súa coordinadora. A asociación é colaboradora do Programa de Voluntariado Dixital. Fálanos da asociación. Como xorde? Con que colectivos traballades e que servizos ofrecedes? A colaboración con Voluntariado Dixital faise a través das dúas entidades […]