
Cando o frío chega toca gastar o diñeiro en horas de calefacción para estar o máis a gusto en casa. Pero aínda que a maioría de nós utilizamos calefactores ou radiadores, hai unha nova forma de quentarnos que pode acabar sendo unha gran solución: os servidores.
Que é un servidor? Simplemente un computador que ten como función específica aloxar páxinas web ou sistemas complexos. Estes dispositivos ao estar a traballar todo o tempo despiden moita calor, o cal pode ser reutilizado para quentar unha habitación e, mesmo, a nosa casa.
Isto é o que ofrece empresas como Cloud&Heat, que che instala un armario cun servidor na túa casa e utiliza a calor xerada para quentar estancias e mesmo auga. Segundo a empresa, utilizar este sistema pode aforrar ata 40.000€ ao ano en xeración de calor, ademais de permitir que os donos dos servidores aforren tamén bastante ao non ter que utilizar sistemas de refrixeración para que non se estraguen.
Cal é o pero? Por que non o estamos utilizando todos? Pois porque a instalación deste sistema non é nada sinxela. Segundo a empresa, custa 12.000€ instalalo pero todo o mantemento corre ao seu cargo durante 15 anos.
Hai outras empresas que ofrecen servizos similares por menos prezo, pero o certo é que, se non nos dedicamos a algo co que necesitemos eses servidores, reutilizar a calor que xeran para quentarnos aínda está lonxe de que o podamos usar na nosa casa.

