Parabens! A primeira páxina creada na Internet cumpriu 26 anos

aniversario-web

Internet é ese mundo no que actualmente podemos facer todo unha gran variedade de cousas navegado a través das miles de millóns de páxinas web que existen no mundo virtual. Pero o que moitos non saben, e outros non se acordan xa, é que nos seus comezos a web era un espazo basto, pouco amigable e reservado só para uns poucos.

A semana pasada a primeira web creada no que se coñece hoxe como Internet cumpriu 26 anos. Á parte de cantarlle uns aniversarios felices virtuais, esta web sérvenos de exemplo para darnos conta todo o que evolucionou a web e a navegación nos últimos anos.

Se botamos unha ollada á máis veterana das web (pódese ver aquí, aloxada no servidor do experimento científico CERN) darémonos conta que nos comezos da web non existían as imaxes: tan só podíase plasmar texto e ligazóns a outros sitios da propia web (xa que daquela non existían outras).

Por suposto, a web era de corte científico e en inglés. E é que a rede de redes que agora chamamos Internet, naceu dunha evolución dunha rede interna entre as principais universidades estadounidenses, a cal foi outra evolución dunha rede chamada ARPANET que utilizaban as forzas armadas de Estados Unidos.

Se hai 26 anos a web era tan simple e sinxela como será dentro doutros 26? Sempre é difícil aventurarse, pero espérase que a seguinte evolución da web implique máis interacción con todos os sentidos humanos, incluídos o olfacto e o tacto. Acabaremos cheirando as páxinas web? Quen sabe!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.