Tecnoloxía do futuro presente: os coches que conducen sós xa están na rúa

coches-autonomos

Se falamos de coches que circulan sós pola estrada seguro que pensamos en películas de ciencia ficción. E aínda que isto é certo, está moi preto de converterse en realidade, tan preto como que xa está a ocorrer nalgunhas cidades do mundo.

O coche autónomo é, para as grandes empresas de tecnoloxía, unha aposta de futuro e un soño apartes iguais. Google leva anos investigando no tema e, recentemente, fundou unha nova empresa chamada Waymo para xestionar o seu parte tecnolóxica de coches autónomos. No outro lado, temos a Tesla, a famosa empresa fundada por Elon Musk que xa vende coches co modo “autopilot”, que permite ao coche conducir só, aínda que este modo non está permitido na maioría de países do mundo e, onde o está, o modo está restrinxido a estradas de baixa velocidade.

En que punto estamos en referencia aos coches autónomos? Pois na que, aínda que tardarán en chegar ao gran público, imos comezar a ver no prazo de cinco anos. Un exemplo claro é en San Francisco, onde a empresa Uber que se dedica a transportar pasaxeiros facendo competencia aos taxis, xa ten máis de 100 vehículos totalmente autónomos facendo os servizos de transporte de usuarios. Por agora, é obrigatorio que leven condutor (aínda que este non conduza), pero é probable que despois desta experiencia piloto, os Uber de San Francisco acaben transportando pasaxeiros sós.

E o resto de países? Como xa dixemos, en Estados Unidos o modo “autopilot” dos coches Tesla está permitido en moitos estados. En Europa, por agora, os coches autónomos están restrinxidos a probas de empresas, como o que fixo o camiño entre Madrid e Vigo hai uns meses. A marca deste coche, Citroën, espera introducir sistemas de “liberación de condución” en 2018 e din que en 2020 terán xa coches que poidan conducir sós. Da mesma maneira,

Estes exemplos son uns entre tantos outros. Numerosas marcas tecnolóxicas e de coches están a apostar na investigación do coche autónomo. Cando o veremos? Aínda que realmente xa os estamos vendo, será necesario facer moitas probas e adaptar as leis para que os coches poidan funcionar sen unha persoa detrás do volante. Pero, teñamos por seguro que en 10 anos, as cousas cambiarán, para mellor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.