Tag Archives: apps
idea_sketch

5 apps para estudiantes

,

Hoxe volvemos propoñervos 5 aplicacións que vos poden axudar para estudar ou traballar. Admitimos propostas. Evernote Dispoñible para Android e iOS, seguro que moitos xa a tedes instalada. Escribe e comparte notas ou listas de tarefas, organiza artigos da web, documentos e fotos, prepara xuntanzas, controla os teus gastos… É unha das apps máis populares […]

Ecommerce

Aplicacións móbiles e comercio electrónico

,

Se ides crear unha tenda en liña tede en conta que as aplicacións móbiles presentan unha tasa de conversión nos procesos de compra moi superior a outros mecanismos. Esta é unha das conclusións do último estudo de Criteo, compañía que analizou máis de 1.400 millóns de transaccións de 3.000 ecommerces. As apps xeran case a […]

theappdate

A mellor app de 2014 é…

, ,

En decembro coñecéronse os gañadores dos premios The App Date Award 2014, evento que se vai a celebrar o próximo 22 de xaneiro no Espacio da Fundación Telefónica en Madrid. Nesta ocasión, o premio “The App Award. Mejor app española 2014” foi para Guudjob. Guudjob axúdache a buscar, atopar e contactar gratis con profesionais que […]

App_MeteoGalicia

A aplicación do mes: MeteoGalicia

,

No mes de agosto presentábase a aplicación oficial de MeteoGalicia. Nela podemos consultar a predición meteorolóxica detellada por concello para os próximos 10 días, ademais do estado do mar, predicións para todas as praias de Galicia, predición xeral e mareas. Dende a sección “Observación” pódese acceder ás imaxes en tempo real do radar de MeteoGalicia […]

box_logo

A aplicación do mes: Box

,

Box é unha app moi sinxela que permite editar e compartir arquivos con compañeiros de traballo ou de clase. Podedes crear ou editar documentos de texto, follas de cálculo ou presentacións, comentalos e facer correccións. Podemos compartir contidos e manternos en contacto co noso equipo de traballo dende calquera lugar e mediante calquera dispositivo. Box dános […]

camMe

As 5 apps máis orixinais do MWC

,

) Xa sabedes que nos encantan as aplicacións móbiles. Non podiamos rematar a semana na que estamos a falar do Mobile World Congress sen falarvos das apps presentadas que máis nos chamaron a atención. Newscron. É algo así como un Spotify de actualidade. Podemos escoller se queremos ver as novas segundo a temática: cultura, deportes, […]

turismodegalicia

A aplicación do mes: Turismo de Galicia

,

Despois de facer un percorrido pola páxina web descargamos a app móbil de Turismo de Galicia: aplicación de realidade aumentada que incorpora datos de todos os recursos turísticos dispoñibles: turismo rural, hoteis, pensións, apartamentos, restaurantes, patrimonio cultural, festas, etc. A app engade datos xerados por ordenador en tempo real a unha imaxe que o usuario está […]

app entroido 2

3 apps para disfrazarse

,

Existen as apps para comunicarnos con amigos e familiares, para axudarnos na organización e xestión do noso traballo, para editar e compartir fotos e vídeos…, e para disfrazarse. O Entroido está arrancando e en Xente Dixital descargamos 3 aplicacións para axudarvos a escoller un disfraz. Ideas para disfraces App para Android que ofrece unha importante […]

DOGAPP

A aplicación do mes: a app do DOG

,

A Xunta acaba de presentar a aplicación para dispositivos móbiles do Diario Oficial de Galicia (DOG). A app permítenos consultar as publicacións do DOG onde e cando queiramos dende o noso móbil ou tablet Android ou iOS. A aplicación actualízase constantemente coa información procedente da edición electrónica do Diario Oficial de Galicia que se publica […]

discountfree2

3 apps para as rebaixas

, ,

Existen páxinas web como a da Organización de Consumidores e Usuarios, a OCU, nas que recoller consellos interesantes antes de ir de rebaixas aos centros comerciais ou ás tendas online. Podemos mercar nas páxinas oficiais das marcas ou en páxinas especializadas en moda, tecnoloxía… A vantaxe neste caso é a posibilidade de comparar prezos entre […]