Tag Archives: guía práctica
password

Guía práctica | Como crear contrasinais seguros

, ,

Sempre vos recomendamos que escollades contrasinais seguros para acceder ao correo electrónico ou aos perfís de redes sociais. Google danos algúns consellos interesantes para manter a nosa conta protexida: Un contrasinal para cada conta importante. Debemos usar un para a conta de correo e outro para acceder á área persoal do banco, por exemplo. Se […]

Facebook_BusinessManager

Guía práctica | Facebook Business Manager, o administrador comercial de Facebook

, ,

Se nos fixestes caso e usades Facebook para a promoción da vosa empresa, seguro que se vos presentou a dúbida de se deberiades desvincular a páxina de empresa do voso perfil persoal ou de como podemos separar vida persoal e profesional en Facebook. Facebook Business Manager permite administrar contas publicitarias (dende as que creamos os […]

surfsecure

Guía práctica | 5 consellos para navegar con seguridade

, ,

Esta semana estamos a falarvos de seguridade e privacidade na rede. Non é o primeiro post no que compartimos con vós unha lista de consellos sobre navegación segura pero non está de máis revisar a lista de precaucións básicas para evitar males maiores. Debedes ter instalado, e actualizado, un software de seguridade. Non poñemos antivirus […]

Guía práctica | Primeiros pasos en wordpress.org II

, ,

Lembrades onde nos quedamos na última guía práctica? Xa rexistramos o dominio, contratamos o servidor e instalamos o cliente FTP no noso navegador. O seguinte paso é explicar, da maneira máis sinxela posible, como descargar e instalar wordpress.org. Descargar wordpress.org É o momento de visitar wordpress.org e descargar o arquivo que contén o sistema; veredes […]

Guía práctica | Primeiros pasos en wordpress.org I

, ,

Levamos uns cantos posts falándovos dalgunhas plataformas para crear o voso blog como Blogger, Tumblr ou WordPress. No último compartiamos as 7 diferenzas entre wordpress.com e wordpress.org. Para traballar con wordpress.org necesitades adquirir algúns coñecementos técnicos ao alcance de calquera usuario. Comezamos repasando algúns conceptos básicos. Na próxima guía práctica atreverémonos a instalar un blog […]

Tumblr

Guía práctica | Crear un blog en Tumblr

, ,

Xa vimos como crear un blog en Blogger e en WordPress. Antes de decidirvos por algunha destas dúas opcións preguntádevos se a plataforma que estades a buscar non é Tumblr. Hoxe repasamos os pasos que tendes que dar para crear un post en Tumblr. Na seguinte guía práctica atreverémonos a publicar algún post e resolveremos […]