Tag Archives: Xunta
cloud computing

Que é o cloud computing?

,

Dende a web queescloudcomputing.com definen cloud computing ou computación na nube como a “práctica que consiste en empregar unha rede de servidores remotos aloxados en Internet para almacenar, xestionar e procesar os datos, en lugar dun servidor local ou un ordenador persoal”. Na práctica tradúcese na posibilidade de ofrecer servizos a través de Internet. Iaas, […]

ServizosMapa1

Máis “Servizos no mapa”

,

En Xente Dixital xa vos falaramos da aplicación da Xunta Servizos no mapa. Adicámoslle outro post porque conta con novos servizos, recursos e funcionalidades. Servizos no mapa dispón xa de 6.300 equipamentos e servizos da Administración pública, tanto autonómica como estatal e local: centros educativos, culturais, sanitarios, etc. Está dispoñible no Espazo e! da web […]

DOGAPP

A aplicación do mes: a app do DOG

,

A Xunta acaba de presentar a aplicación para dispositivos móbiles do Diario Oficial de Galicia (DOG). A app permítenos consultar as publicacións do DOG onde e cando queiramos dende o noso móbil ou tablet Android ou iOS. A aplicación actualízase constantemente coa información procedente da edición electrónica do Diario Oficial de Galicia que se publica […]

20130924_cio_directions_1_800

A Amtega, premio CIO Directions 2013

,

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) recibiu o premio CIO Directions 2013 como organismo público máis innovador. Recoñece a labor de desenvolvemento da estratexia tecnolóxica da Xunta e a aposta por un modelo de xestión integrada baseado nas TIC. A organización tivo en conta que a Amtega é a primeira iniciativa a […]

antena_parabolica_quantis

Pide xa a túa axuda para acceder a Internet vía satélite

,

Conectarse a Internet nalgunhas das zonas máis illadas de Galicia non é doado. Pero hai máis opcións que contratar o servizo a través dos operadores de telefonía habituais. Sabiades que podedes conectarvos á rede vía satélite? Antes do 30 de setembro, pódense solicitar as axudas da Xunta para contratar Internet vía satélite: ata 150 euros […]