App do mes: PhotoScan dixitaliza as túas fotos antigas

PpotoScan

Se vivimos nalgún momento na época tecnolóxica, seguro que temos decenas de álbumes de fotos en papel que non sabemos que facer con elas. Na actualidade, todo é dixital e se queremos dixitalizar todas estas fotos, convértese nun traballo tedioso a través do escáner ou nun desembolso de diñeiro importante. Google quere poñer remedio a esta situación e lanzou PhotoScan.

PhotoScan é unha aplicación móbil (dispoñible para Android e iOS) que nos permite dixitalizar as nosas fotos antigas a través da cámara do noso teléfono. Que diferenza hai con sacarlle unha foto normal á nosa xa impresa? Bastante, xa que Google utiliza un sistema propio de creado da imaxe dixital a base de catro puntos que nos garante, segundo eles, a máxima calidade.

A explicación práctica pódese ver no seu vídeo de presentación

Como se pode ver no vídeo, a aplicación non pode ser máis sinxela de usar. PhotoScan ocúpase de detectar automaticamente os bordos da foto e de localizar os puntos de interese para realizar a copia dixital. Con catro “fotos” conseguimos dixitalizar esa foto dos aniversarios do noso fillo que leva anos no álbum, ou esa foto de estudo do avó que quedou esquecida nun marco no faiado.

PhotoScan é completamente gratuíta, compatible con Google Photos e pódese descargar desde a súa páxina web oficial para Android e iOS.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.