A APP do mes | SmartCamiño, a guía en mobilidade do peregrino

No marco do proxecto “Smart Camiño” a Amtega e Turismo de Galicia lanzaron o pasado mes de marzo a web http://www.caminodesantiago.gal, a guía transversal do peregrino.

Recentemente lanzouse a aplicación para móbiles do Camiño de Santiago, que xa está dispoñible para as dúas principais plataformas de telefonía móbil: Android e iOs. Estas son as funcionalidades da aplicación.

smartcamino1

Todos os camiños na palma da man

A  aplicación ofrece información sobre todas as rutas oficiais do Camiño de Santiago desde a súa entrada en Galicia: Camiño Francés, Ruta Fisterra-Muxía, Vía da Prata, Camiño Portugués, Camiño Inglés, Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, e Camiño de Inverno.

Información actualizada en tempo real

Os peregrinos dispoñen en todo momento da información que necesiten en cada momento sobre os trazados oficiais das rutas xacobeas, a Rede Pública de Albergues coas súas características, horarios, localización, teléfono e fotografías; información sobre os eventos culturais -festas, concertos, talleres, etc- así como información detallada de todos os recursos turísticos -descrición, localización e imaxes-.

Realidade aumentada

Ademais, a plataforma dixital conta cun servizo de realidade aumentada que permite, a través da cámara do móbil, visualizar todos os puntos de interese situados nas proximidades.

smartcamino2

A guía durante o Camiño

Así mesmo, os peregrinos poderán consultar nela onde comer, onde aloxarse e que visitar en cada un dos tramos do Camiño, coñecendo a ampla oferta dos establecementos turísticos cos que conta. Ademais, a aplicación permitiralles coñecer información meteorolóxica –ofrecida por Meteogalicia- así como datos de contacto e dirección dos centros de saúde e emerxencias.

O diario do Camiño

No apartado ‘Meu diario’, os peregrinos poden gardar os momentos máis importantes do Camiño, a través de notas de texto e fotografías, para posteriormente, a través da funcionalidade do portal ‘A miña experiencia’ crear o seu propio libro dixital.

Pensada para viaxeiros

Dado que o seu uso está pensado para a mobilidade e peregrinos de todas as partes do mundo, a aplicación está dispoñible nos idiomas galego, español e inglés e a maior parte das súas funcións poden ser empregadas sen necesidade de cobertura no móvil (algo que agradecerán os estranxeiros ata que non eliminen o roaming)

 

Descarga de balde a aplicación tanto se es de Android coma se es de iOs

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.