A aplicación do mes | AbalarMobil

Porque a tecnoloxía non é so para a xuventude, os pais ou titores dos alumnos dos 236 centros educativos das catro provincias galegas incluídas na rede poden beneficiarse desta ferramenta.

IMG_0680Con esta aplicación o Proxecto Abalar trata de integrar os servizos da sociedade dixital en Galicia nun eido tan importante coma é o ensino. Así, dende a propia aplicación é posible coñecer os seguintes datos:

  • Acceder aos datos persoais e aos datos do centro educativo no que estudan os rapaces
  • Consultar as cualificacións dos rapaces e rapazas, as súas faltas de asistencia ou as faltas de conduta
  • Solicitar unha cita de titoría, así como consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.

Se queres saber se o centro educativo do teu cativo ou cativa está dentro dos beneficiarios desta app podes consultar a base de datos.

Empregar esta aplicación é máis sinxelo que empregar un ordenador; mentres que o acceso a través da computadora require de internet e un certificado dixital, o acceso dende o móbil so require conexión de datos.

A aplicación pode descargarse de balde nas principais tendas de android e ios (iPhone) ou podes empregar os códigos QR que aparecen a continuación

App para android

App para android

iphone

App para iOs

 

 

 

1 comentario

  1. Pingback: A dixitalización do ensino chega a todas as aulas de 5º e 6º de primaria, ESO e Bacharelato - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.