Guía práctica | 10 consellos para aumentar o número de seguidores en Facebook

i-like-432494_1280

Xa sabedes como crear unha páxina de empresa en Facebook. O complicado é conseguir un crecemento constante do número de seguidores e unha comunidade que interactúe. Que podedes facer para que aumente o número de seguidores?

  1. Crear contido de valor. Actualizar con frecuencia o blog daravos contido que compartir en redes sociais. Tamén funcionan ben as fotos e os vídeos de calidade.
  2. Ser constantes. Non importa tanto publicar 5 días á semana ou 3, iso dependerá do orzamento e do tipo de empresa. Pero cómpre seguir unha estratexia, mesturar distintos tipos de contido (propio ou relacionado) e de publicación (texto, foto, vídeo, etc.) e non abandonar as páxinas creadas.
  3. Usar vídeos. Cada vez consúmese máis vídeo en redes sociais, propios ou creados por outros usuarios. Compartir contido de vídeo é moi importante para conseguir que a nosa comunidade interactúe con nós.
  4. Regla 70-30. Ou 80-20… Quere dicir que en redes sociais temos que publicar, sobre todo, contido non comercial. Podemos e debemos dicir que facemos e que produtos e servizos ofrecemos pero só conseguiremos unha comunidade crecente se publicamos contido interesante relacionado co noso sector de actividade.
  5. Conexión co mundo real. O día a día da empresa, información sobre eventos… Aos seguidores dunha marca gústalles ver a actividade dunha empresa fóra da rede. Se non conseguides o nivel de interacción desexado nas vosas publicacións probade a compartir fotos feitas polos empregados ou, por exemplo, un vídeo co proceso de fabricación dun produto.
  6. Crear concursos. A través de aplicacións como Easypromos, podedes facer un sorteo entre os usuarios que comenten unha publicación, concursos de fotos, de vídeos, de textos, etc. Conseguiredes que os seguidores interactúen ca páxina e podedes obter información importante como os correos electrónicos, útil para a comunicación da marca.
  7. Integrar contido social. En Facebook podemos publicar contido de Youtube ou de Pinterest, por exemplo. É unha maneira de actualizar Facebook con contido de vídeo e foto de calidade.
  8. Os anuncios de Facebook. En Xente Dixital xa vos falamos dos Facebook Ads. Cada vez son máis caros (hoxe tedes que gastar un mínimo de 4€/día) pero segue a ser máis barato que promocionarse noutros medios. É unha boa maneira de conseguir unha comunidade importante de seguidores, de conseguir visitas para a páxina web ou de promocionar algún produto en concreto, entre outras opcións.
  9. Promoción da páxina de Facebook a través da web. Na páxina web ten que haber unha ligazón á páxina de Facebook. Incluso podedes instalar un plugin no que se poida ver a actividade recente en Facebook.
  10. Promover a páxina de Facebook no mundo real. Podedes facelo en tarxetas de visita, paquetes de produtos, na tenda física, etc.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.