Guía práctica | 5 consellos para promocionar a vosa empresa en Facebook

Facebook_Ads

Entre as guías prácticas de Xente Dixital podedes atopar como crear unha páxina en Facebook para a vosa empresa. Hoxe dámosvos algúns consellos que vos poden axudar na xestión diaria da vosa páxina de Facebook. Se se nos esquece algún importante ou tendes algunha dúbida, non dubidedes en facer un comentario.

Contidos: que e como publicar en Facebook

Na vosa páxina os usuarios deben atopar os produtos e servizos que ofrecedes e outro contido relacionado de interese. Se o negocio é un pequeno hotel, por exemplo, ademais de información de dispoñibilidade, prezo e servizos, cómpre compartir información turística da zona, información de axenda, etc.

Lembrade que o obxectivo de estar presente en redes sociais é conseguir que os potenciais clientes interaccionen coa páxina; que compartan o que se publica, que pregunten dúbidas, etc. Para iso é fundamental empregar textos curtos e moi claros e publicar só información relacionada co negocio ou co sector ao que pertence.

Programar

É importante escoller ben cando publicar na páxina de Facebook dependendo do sector ao que pertenza a empresa e do público ao que se dirixa. Como non sempre podemos conectarnos á hora á que queremos publicar, podemos programar as publicacións para o día e hora que máis nos interesen. Só tendes que facer clic na icona do relexo cando actualicedes o estado da páxina.

Campañas publicitarias

Na lista de guías prácticas pendentes está a que vos axude a manexar a plataforma publicitaria de Facebook. Cunha inversión adaptada ás vosas posibilidades (por pouca que sexa sempre obteredes resultados) conseguiredes aumentar o número de seguidores ou chamar a atención sobre un contido concreto que vos interese promocionar. Tendes que seleccionar o tipo de anuncio (para conseguir máis “gústames”, para conseguir máis visitas á páxina web, etc.), segmentalo por ubicación, idade, intereses, etc., e decidir canto queredes invertir. Unha inversión moderada en Facebook Ads. (anuncios de Facebook) e coidar a xestión diaria da páxina con contidos de calidade, aseguran cumprir os obxectivos marcados en Facebook.

Concursos

É unha das ferramentas máis efectivas para aumentar o nivel de interacción na páxina. Coñecedes easypromos? Permítevos facer sorteos entre os que fagan un comentario nunha publicación ou xestionar un concurso de fotos, por exemplo, a través dunha app cun deseño coidado e que permite rexistrar os datos dos usuarios que participen. Esta información pode ser útil para enviar un boletín dixital a clientes potenciais.

Facebook como canle de atención ao cliente

É unha das tendencias máis importantes e que debemos ter moi presente na xestión diaria dunha páxina de Facebook. Unha páxina serve para informar sobre que vende e que servizos ofrece unha empresa pero, sobre todo, Facebook (como Twitter ou calquera rede social que empreguemos na comunicación dunha empresa) debe funcionar como canle de atención ao cliente. Se somos capaces de aportar a información que nos pidan no menor tempo posible, a empresa gañará prestixio e presenza na rede.

1 comentario

  1. Pingback: Guía práctica | 5 consellos para promocionar a vosa empresa en Twitter - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.