O mellor do mes de xaneiro en Xente Dixital

Estes son os contidos que publicamos durante o mes de xaneiro e que máis éxito tiveron. A continuación deixámosvos unha escolma do que, para vós, foron os mellores contidos do mes. Se se che escapou algún, sempre podes volver a lelo hoxe.

OMELLORDOMES

Curso para obter a certificación en competencias dixitais da Xunta: rápido, se apuras, aínda podes inscribirte hoxe (remata o prazo o 1 de febreiro)

Digalego: A Xunta ven de poñer a disposición pública e de balde o dicionario en liña digalego.xunta.gal. Coas súas 65.000 entradas, é unha das obras máis completas do mercado lexicográfico galego.

Chave 365: O sistema de claves concertadas no móbil promovido pola Amtega para os trámites na sede electrónica da Xunta é unha alternativa sinxela ao certificado dixital.

Como pedir cita médica a través de internet. Con esta guía práctica ensinámosvos a empregar a web do Servizo Galego de Saúde para solicitar, consultar, modificar ou anular citas no servizo de Atención Primaria. Por internet, a dous clics de distancia. Ah, e sen gastar un peso!

O día do Community Manager. O 4º luns de cada mes de xaneiro celébrase o Día do Community Manager, unha xornada na que se pon en valor a figura do xestor de comunidades online

Fai hoxe 31 anos… 1984, o ano de Mac. O 22 de febreiro o anuncio de mac máis coñecido da súa historia estaba de cumpreanos. Aproveitamos a ocasión para falar da “marca da mazá” e daquel momento da informática nos anos ’80.

E a ti, cal foi o contido que máis che gustou en xaneiro?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.