Os gañadores do Concurso de curtas co móbil da Axenda Dixital xa teñen o seu premio

2015_03_30_ganadoras_concursocurtasI

A semana pasada entregábanse o primeiro e o segundo premio aos gañadores do concurso ‘Curtas co móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020’ aos alumnos do IES Perdouro de Burela e do IES Cacheiras do Concello de Teo, respectivamente.

Os premios foron unha tablet e un teclado para cada un dos tres alumnos responsables do vídeo máis votado, e unha tablet para cada un dos cinco rapaces que participaron no segundo vídeo máis votado. A votación estivo aberta durante 10 días na páxina de Facebook da Amtega.

Lembrade que o obxectivo era crear un vídeo no que representar o futuro de Galicia a través das novas tecnoloxías.

Os vídeos gañadores

“Cousas de antes” do IES Perdouro de Burela, recolle unha conversa entre unha avoa e o seu neto no ano 2050 na que comparan a realidade tecnolóxica da época na que viven coa do ano 2014.

“Revivamos Galicia” amosa pola súa parte como podemos desfrutar de Galicia dun xeito diferente a través das novas tecnoloxías.

Ao concurso presentáronse 44 curtas de 16 centros. Podedes ver todos os vídeos presentados na páxina de Facebook da Amtega, na aplicación CurtasADG2020.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.