Redes sociais para principiantes. Facebook (primeira parte)

En Xente Dixital queremos acercarche as redes sociais dende unha perspectiva práctica, polo que de vez en cando che acercaremos contidos para que coñezas un pouquiño mellor cada unha das redes sociais. Hoxe comezamos por Facebook.

Qué é Facebook?

Facebook é a maior rede social do mundo. Posúe máis de mil millóns de usuarios, o cal quere dicir que case un de cada sete habitantes do planeta está dado de alta neste sitio web.
Facebook permíteche estar en contacto, de maneira virtual, con todas aquelas persoas que coñeces… e mesmo coñecer a persoas novas.

Como creo unha conta?

Para crear unha conta, diríxete a https://www.facebook.com/ e segue as instrucións. O único que precisas é unha dirección de correo electrónico (requisito indispensable en todas as redes sociais) e o teu contrasinal.
Segue os pasos que che dictan e crearás a túa conta en moi poucos minutos.

Como busco amigos?

Buscar amigos en facebook é realmente sinxelo. A propia aplicación nos vai facendo un percorrido guiado e nos invitará a conectar co noso correo electrónico. Ten sentido, a xente á que lle mandamos correos electrónicos podemos coñecela. Envíalles peticións de amizade e espera a ver qué responden.
Outra opción é utilizar o buscador da barra superior e buscar a persoas que coñezamos polo seu nome completo. Así que teñas o teu primeiro amigo Facebook comezará a suxerirche a persoas que quizáis coñezas (amigos do teu primeiro amigo) de maneira que o teu círculo de contactos se vaia ampliando.

Como publico contidos?

A caixa de actualizacións de contido permite diferentes tipos de publicacións

  • Actualizacións de estado, simple texto, no que dicir qué pasa, que ocorre, cómo te sintes… todo o que che pase polo maxín!
  • Ligazóns: corta e cola calquera ligazón. Unha das características de facebook é que crea unha previsualización da primeira ligazón. Ollo, so da primeira! De feito, unha vez que amose a previsualización, podedes eliminar a ligazón da caixa de texto.
  • Vídeos: podes subir pequenos vídeos a facebook, sen embargo o máis recomendable é que utilices servizos de terceiros como youtube ou vimeo, e compartas os vídeos como se fosen unha ligazón
  • Fotografías: sube as túas fotografías ou crea álbumes de fotos completos. É unha das opcións máis utilizadas polos usuarios porque facebook carga unha previsualización das fotos que compartes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.