O boom da internet das cousas

samsung galaxy gear

En Xente Dixital xa apuntamos nalgúns posts que o futuro das novas tecnoloxías está na “internet das cousas”. Un estudo a nivel mundial publicado recentemente pola consultora Accenture demostra que esta tecnoloxía afecta xa ao noso día a día e que vai a transformar as nosas pautas de consumo moi pronto.

O 69% dos consumidores espera mercar un dispositivo intelixente para o fogar nos próximos 5 anos. A metade ten previsto ademais facerse cun smartwatch ou un dispositivo intelixente para facer deporte no mesmo período de tempo. Por outra banda, o 13% dos enquisados afirman que terán un elemento intelixente na súa casa como pode ser un termostato ou unha alarma, antes de que remate 2014.

Teconoloxía adaptada ás nosas necesidades

Internetdelascosas_salud

As categorías máis populares dentro da internet das cousas demostran que temas nos preocupan. Os datos publicados no estudo revelan que os temas que máis preocupan aos compradores son os relacionados coa seguridade e coa saúde. Pensade en produtos conectados á rede e ao noso smartphone: un cepillo de dentes, unha alarma… A empresa provedora destes servizos recibe información sobre nós constantemente e pode ofrecernos, e vendernos, un servizo cada vez máis personalizado.

Un exemplo

A roupa intelixente foi unha das primeiras categorías creadas dentro da internet das cousas aínda que só chegará, en principio, ao 3% dos consumidores antes de finais do 2015. Intel presentaba non hai moito, por exemplo, unha camiseta intelixente que mide a nosa actividade mentres facemos deporte.

Que tipo de produtos pensades que van a xurdir nos próximos anos? Que cousas conectariades á rede para obter un mellor servizo?

Fonte: puromarketing.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.