Axudas de mentoring en comercio electrónico: que se pode facer? Como se pode financiar?

CDTIC_mentoringecommerce

Este mércores, no Centro Demostrador TIC, terá lugar a actividade “Trámites para a presentación das axudas de mentoring en comercio electrónico”, dirixida a pemes, traballadores autónomos de todos os sectores, asociacións e clústers empresariais.

Non é a primeira vez que vos falamos de Red.es; entidade pública que traballa para o aproveitamento do potencial de internet e as novas tecnoloxías na sociedade. Red.es pon a disposición de cada peme unha axuda de 15.000 € para desenvolver e fortalecer a capacidade para expandir e pontenciar a empresa a través das novas canles de venta. Bótalles unha man para que adopten unha estratexia comercial para desenvolver unha tenda en liña e facilitar o seu posicionamento en internet.

O Clúster TIC Galicia organiza a actividade na que se quere explicar como as pemes poden acceder a estas axudas e facilitar os trámites de xestión. Os ponentes serán Modesto Pérez (Aaccentia Multimedia), Manuel Pan (Abertal), Víctor López (AVA Soluciones Tecnológicas) e Alejandro Arce.

Para inscribirvos só tendes que facer clic aquí e completar o formulario de rexistro.

Esta sesión, “Trámites para a presentación das axudas de mentoring en comercio electrónico”, será a primeira das actividades que o CDTIC retransmita en streaming. Trátase dun novo servizo que o Centro puxo en marcha esta mesma semana para todas aquelas empresas e profesionais que non se poidan desprazar a Santiago de Compostela e queiran seguir as actividades do CDTIC dende calquera lugar. Só precisan dispoñer dun dispositivo con conexión a internet.

1 comentario

  1. Pingback: Red.es no 2015 - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.