Guía práctica | minube para empresas

minube_empresas

Se a semana pasada ensinabámosvos por que e como dar de alta a vosa empresa en Tripadvisor, hoxe facemos o mesmo con outra das redes sociais de viaxes de referencia: minube.

Sen intermediarios

Axúdalle ao teu cliente a atoparte en minube. Podes xerar ventas directas para o teu negocio creando contido de calidade. Ademais terás acceso a estatísticas para medir o retorno de inversión no panel de control personalizado para o teu negocio.

Por que minube

Se non esás en minube eres invisible para os seus 30 millóns de usuarios. minube pon á túa disposición unha páxina cun deseño especial para destacar sobre a túa competencia con contido de interese para os usuarios desta rede social.

minube Free e minube Premium

minube_premiumPodemos obter presenza na páxina a través de minube Free. Ou ser diferente escollendo minube Selection: ensina o teu negocio con fotos e vídeos de calidade. minube Premium é a opción perfecta para a destacar sobre a competencia.

Algunha dúbida? Na web ou por teléfono, poñédevos en contacto con minube para completar o proceso de rexistro da vosa empresa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.