.gal en agosto de 2014

puntogal_pioneiros

Foto puntogal.org

A finais de xullo presentábanse os 93 seleccionados no Programa Pioneiros, que empregan o dominio .gal dende o pasado 25 de xullo.

A Asociación PuntoGal seleccionou aos 93 pioneiros segundo criterios de representatividade na sociedade, en función da contribución ofrecida ao lanzamento do .gal e garantindo que todos os sectores sociais estean representados. Seleccionáronse 35 candidaturas da administración pública, 15 de empresas e 43 de entidades sen ánimo de lucro.

Fases Abrente e Carreira

A seguinte fase é a Fase Abrente. Comezará en setembro, durará ata novembro e buscará protexer dominios de interese público. As entidades públicas e privadas poderán exercer o seu dereito preferente de solicitar o seu dominio actual. Búscase protexer os intereses de administracións públicas, propietarios de marcas, etc.

En paralelo á Fase Abrente, desenvolverase a Fase Carreira, para o público en xeral e para enderezos sen dereitos preferentes. Durante esta fase poderase poxar por enderezos especialmente atractivos.

Fase Aberta

Será en decembro cando chegará a Fase Aberta na que todos poderemos acceder ao .gal sen máis restricións que as que podemos atopar con calquera dominio xa dispoñible na rede.

As características concretas de cada fase están publicadas na web domino.gal, páxina na que tamén se poden consultar dúbidas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.