Máis do 70% dos fogares galegos conta con internet de banda larga

70A contratación de Internet mediante banda larga en Galicia acada o 71,4% dos fogares, cun ritmo de crecemento superior á media estatal e europea. Este incremento permitiu que en catro anos Galicia recortase en 7,2 puntos a fenda en contratación de banda larga coa media estatal. Así se desprende dos resultados do “Diagnóstico sobre a Sociedade da Información nos fogares galegos 2015”, que publica o OSIMGA.

Hábitat e outros factores influentes no uso das TIC

O incremento máis importante rexistrouse nos concellos de menos de 10.000 habitantes, que concentran o 82% da poboación de Galicia e nos que a fenda dixital era máis acusada. Entre 2012 e 2015

  • Os municipios con menos de 5000 aumentaron a porcentaxe de fogares con internet en máis dun 60%
  • Os municipios de entre 5.000 e 10.000 habitantes en máis do 56%.
  • Os concellos galegos de máis de 10.000 habitantes superan a media galega
  • Os concellos de máis de 50.000 superan a media galega, estatal e europea cunha porcentaxe de contratación de internet do 80,4%.

Uso de internet

A porcentaxe de persoas que usaron a rede nos últimos tres meses crece no último ano e sitúase no 70,7%.

A idade é un factor determinante neste indicador, acadando niveis de uso do 98,2% no tramo de idade entre os galegos de 16 e 24 anos, nun valor moi similar ao do conxunto do estado (98,5%). Ata os 44 anos, Galicia converxe coa media estatal e mesmo a supera lixeiramente no tramo de idade de 25 a 34 anos. Nas  idades comprendidas entre os 65 e 74 anos o uso de internet sitúase no 21%.

Os galegos superan a media estatal e europea no uso da eAdministración

Galicia sobresae na interacción coas AAPP a través de Internet, por riba da media estatal e europea. Sete de cada dez internautas galegos interactuou coas Administracións Públicas a través de Internet, cun crecemento do 6,8% no último ano e superando a media estatal e europea.

7de10

Outra interacción habitual coas administración públicas é a descarga de formularios a través de Internet durante os últimos 12 meses, que se incrementou nun 6,4% durante o 2015 en Galicia, acadando o 56,4% (13,4 puntos porcentuais máis alto cá media de España, e 22,4 puntos respecto de Europa).

O terceiro indicador de interacción coas administracións públicas a través de Internet refírese ao envío de formularios cumprimentados, e segue a mesma tendencia positiva dos anteriores. un 55,8% dos internautas galegos envía formularios cubertos a través da rede.

Comercio en liña

A porcentaxe de internautas que compran a través de Internet nos tres últimos meses (36%) segue medrando, superando o valor rexistrado no ano anterior en 6,5 puntos porcentuais e cun crecemento relativo dun 22%.

Todos os informes e documentos do OSIMGA distribúense libremente na Rede baixo licenza Creative commons e están dispoñibles na web do Observatorio:  www.osimga.org

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.