Cursos nas Aulas CeMIT que comezan en outubro

Comeza o outono con bo pé apuntándote a algún dos cursos que se celebran nas Aulas CeMIT que temos por toda a xeografía galega! Estes son os cursos máis destacados e que comezarán en breve. Lembra que podes ollar na web do CeMIT se hai novos cursos na túa localidade.

banner_cemit

Crea e dinamiza o teu LinkedIn (Aula CeMIT Ames)

Forma parte da rede social sectorial de emprego máis grande do mundo. O teu cv en liña a través desta rede social onde poder buscar (e atopar) traballo.

Facturación en contabilidade – CONT 4  (Aula CeMIT Cuntis , inicio 3 de Outubro)

Dirixido a usuarios que desexen coñecer o funcionamento dun programa de xestión (CONT4), ben como complemento á súa formación ou para xestionar unha Pequena e Mediana empresa. Obxectivos: Ofrecer unha formación global para a realización da maioría das operacións cotiás dunha empresa. O programa engloba as funcións de Cont4 Facturación e Contabilidade nunha única aplicación creando un entorno de traballo máis manexable.

Contidos: Facturación, alta e configuración da empresa, configuración do entorno de traballo, xestión de almacén, proceso de compras e ventas, proceso de pagos e cobros, tpv, ive, copias de seguridade módulo b: contabilidade, alta e configuración da empresa, introducción e edición de asentos contables, xestión de cobros e pagos, ive, amortizacións, inventario, consultas, balances e informes, regularización e peche, copias de seguridade.

Inicio a Informática (Maiores Grupo 1) (Aula CeMIT Boiro, inicio 3 de Outubro)

Servizo de apoio, reforzo, titorización e/ou asesoramento ás actividades realizadas na aula, é dicir, entendido como un horario no que a aula está aberta con presenza dun profesional que axuda a solucionar as dúbidas sobre emprego das TIC e facilita orientación sobre o emprego das mesmas as persoas que acuden á Aula.

Sácalle partido ao móbil (Aula CeMIT Ames, inicio 4 de Outubro)

Uso de apps para móbiles, para que lle saques o máximo partido a esa estupenda ferramenta que tes na man: o teu smartphone.

Convírtete en usuari@ “pro” de twitter. Sácalle partido á rede social dos “chíos” (Aula CeMIT Leiro, inicio 3 de Outubro)

Pérdelle o medo a Twitter con este curso e convértete nun novo tuiteiro.

Iniciación á creación de páxinas web con HTML 5 e CSS 3 (Aula CeMIT Guitiriz, inicio 3 de Outubro)

Curso destinado a todas aquelas persoas que se queiran iniciar na creación de páxinas web

Iniciación á Informática para nenos e nenas (8-9 anos) (Aula CeMIT Mugardos, inicio 5 de Outubro)

Inicio básico no uso dun ordenador dirixido a menores. Adaptación dos métodos pedagóxicos para os nenos e nenas

Busca de emprego a través de Internet  (Aula CeMIT Xunqueira de Ambía, inicio 6 de Outubro)

Mecanismos para a busca de emprego a través da internet

Xestión de Arquivos  (Aula CeMIT Celanova, inicio 4 de Outubro)

Capacitación na protección da información do teu negocio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.