A Comisión Europea pronúnciase sobre as limitacións da fin do “roaming”

O goberno da Unión Europea e o Parlamento Europeo acordaron eliminar os recargos por roaming a partires do 15 de xuño de 2017, isto é, as tarifas de itinerancia por chamar e recibir chamadas, enviar e recibir mensaxes de texto e conectarse a internet dende calquera país da Unión Europea.

Fuente: omicrono.com

Fonte: omicrono.com

O que se falou ata agora

A eliminación do roaming requiría, por parte dos operadores, que se puidese aplicar unha “política de uso xusto” que impedise os abusos que se puidesen dar. Esta eliminación, que está pensada para evitar o sobrecuste que se produce en viaxes ocasionais a outros países da UE, podía ser obxecto de abuso como contratar unha tarifa máis barata nun país e empregala maioritariamente noutro país diferente.

Entre as propostas de “uso razoable” destacaba a proposta de limitar o uso a 30 días consecutivos, cun total de 90 días ao ano.

As limitacións

A Unión Europea, finalmente, rectifica e elimina o límite de 90 días ao ano, pero impón outra serie de condicións ao roaming.

En primeiro lugar, serían as operadoras as que determinasen que é uso abusivo, permitíndolles aplicar sobrecuste en varios supostos:

  • Uso da tarifa de datos local moi baixa fronte a un uso intensivo no estranxeiro.
  • Inactividade da SIM no país de orixe, tendo só actividade en roaming.
  • Subscrición e uso de varias SIM só no estranxeiro, baixo un mesmo cliente.
  • Compra e venda masiva de tarxetas SIM para o seu uso permanente fóra do país.

No caso de superar os límites establecidos, as compañías poderán impoñer un recargo de ata 4 céntimos de euro por minuto de chamada y 8,5 céntimos de euro por megabyte.

Con todo, as compañías terán que establecer un mecanismo de arbitraxe para solucionar os casos nos que apliquen sobrecuste e os usuarios non estean de acordo. O consumidor poderá interpoñer unha queixa ante o regulador do Estado membro local (no caso español podería ser a Comisión Nacional das Telecomunicación)

Con estas condicións… animaríaste a empregar o móbil no estranxeiro?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.