Tres alternativas gratuitas a YouTube para ver contidos orixinais

Cando falamos de creadores audiovisuais é habitual pensar en directores de cinema ou guionistas que levaron as súas obras a algún gran formato adaptado ao gran público. Pero con Internet o termo de creador audiovisual expandiuse, describindo tamén aos famosos  youtubers, que crean e producen vídeos case a diario para goce dos seus seguidores.

Aínda que o termo “youtuber” refírese unicamente á plataforma de Google, na actualidade hai moitas máis plataformas que ofrecen un espazo para que os creadores audiovisuais colguen os seus traballos e sexan apreciados pola comunidade. Hoxe deixámosvos 3 alternativas a  YouTube onde se poden atopar este tipo de contidos.

Twitch

Aínda que a plataforma de  Amazon está orientada ao  streaming de videoxogos, nos últimos meses viviuse un traslado de creadores que levaron o seu contido á plataforma. A maioría deste contido está relacionado co mundo dos videoxogos, pero á parte de xente xogando, podémonos atopar coloquios, entrevistas e mesmo series relacionadas con este mundo.

Playz

Esta plataforma está apoiada por RTVE e nela podemos atopar numerosos autores coñecidos  pr as súas obras  audiovisuais Como característica principal, os contidos que atopamos en  Playz están máis orientados á ficción que ao contido casual que teñen outras plataformas.

Flooxer

Flooxer é a plataforma de  Atresmedia (Antena 3 e  laSexta) que busca ser o refuxio dos  youtubers que se cansaron da plataforma de Google. Os contidos que podemos atoparnos van desde os vídeos máis  improvisados, pasando por ficción ou vídeos temáticos de boa calidade.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.