Reserva os libros de texto a través do teléfono móbil

Velaquí unha boa nova para os pais! A Federación de Librarías de Galicia puxo en marcha, en colaboración coa Xunta de Galicia, unha web optimizada para teléfonos móbiles para a reserva de libros de texto para o curso escolar 2016-2017 en calquera das librarías asociadas en toda Galicia.

A través de www.librarías.org/reservadelibros os pais poderán formalizar a reserva dos libros de texto dos seus fillos, sen necesidade de acudir á libraría.

Anuncio-Fed-Libreiros-723x1024

Como funciona?

Os interesados deben acceder a librarias.org/reservadelibros e cumprimenta os datos persoais, así como os relativos ao colexio e ao curso do alumno.

Para facilitar a inclusión do listado de libros de texto, incorporouse unha funcionalidade a través da cal o usuario pode fotografar o listado, ou anexar un arquivo.

A reserva dos libros de texto está dispoñible para todos os ciclos de Educación Infantil, Primaria, Especial e Secundaria Obrigatoria dos colexios da Comunidade galega. Deste xeito, as familias poderán reservar os libros para o próximo curso sen necesidade de acudir fisicamente ao establecemento.

A solicitude remítese de forma automática á libraría a través dun correo electrónico, e as librerías poderán enviar notificacións aos clientes con confirmacións de dispoñibilidade de pedidos, por exemplo.

A recollida de libros si que é presencial, na libraría, salvo que se acorde coa mesma o envío ao domicilio.

Reserva os libros on-line e gaña un premio

Que che parece se, ademais de reservar os libros de maneira máis cómoda, podes gañar un premio?

O 30 de setembro sortearanse 100 estancias familiares na Ribeira Sacra durante o curso 2016-2017 entre as familias que realicen a reserva dos libros a través desta nova aplicación. Consulta aquí as bases do concurso.

Xa non tes escusa. Se tes cativos en idade escolar, reserva xa os seus libros sen moverte da casa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.