Un tipo de letra para recordar mellor o que les

Ao ler algo que necesitamos memorizar, é habitual que poñamos o “piloto automático” e acabemos lendo todo sen realmente memorizar nada. É algo que ocorre a miúdo cando a lectura é obrigada e a única solución ata agora era poñer máis interese no que estamos a ler.

E dicimos ata agora porque un grupo de investigadores da  Austraila’s  Royal Merbourne crearon unha nova tipografía que, segundo eles, axuda a memorizar os textos que lemos con ela. A fonte de letra chámase ‘Sans Forgetica’ e é unha tipografía que, na súa esencia, busca dificultar a lectura.

O principio é sinxelo: se che dificulta a lectura, vas prestar máis atención ao que estás a ler e por conseguinte o texto vai quedar máis retido na túa memoria que se o fixésemos co “piloto automático”. Como é este tipo de fonte? Podémola ver no seguinte vídeo:

Segundo os investigadores, o seu estudo con máis de 400 estudantes de universitarios arroxou un lixeiro aumento na retención dos textos escritos con  Sans  Forgetica fronte aos escritos cunha tipografía habitual. Cos datos na man, o 57% dos que leron a lectura retiveron o texto fronte ao 50% que o fixeron con  Arial, unha fonte de letra típica nos textos.

Significa isto que debemos utilizar este tipo de fonte para estudar? Definitivamente non. A lectura de grandes textos con esta tipografía é horrorosa e pode conseguir unha experiencia bastante mala, xa que cansa os ollos producindo fatiga.

Aínda así, se nos interesa o experimento podemos descargar a tipografía nesta ligazón e probar con textos pequenos. Tamén puxeron a disposición de todo o mundo unha extensión do navegador que converte textos seleccionados.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.