Napflix é a plataforma de vídeo baixo demanda perfecta para botar a sesta

napflix

Na rede podemos ver todo tipo de contido: desde grandes películas, pasando por series de todas as épocas ata os grupos de música que viven en lugares tan intempestivos como a afastada Laponia. Pero o que quizais non se nos pasou nunca pola cabeza é que tamén existen vídeos aburridos.

Si. Existen vídeos aburridos. E moitos. E é que nun intento por favorecer as nosas sestas de fin de semana (ou diarias se temos a sorte de poder facelas), naceu a páxina web Napflix, que nos deleita cunha selección dos vídeos máis aburridos da internet co fin de que teñamos a mellor das sestas posibles.

Como o fin de semana está aí á beira e sempre é un bo momento para recuperar as horas de soño perdidas mentres aprendemos que pode existir de todo na internet, hoxe recomendámosvos tres vídeos cos que vos relaxaredes tanto que o espírito da sesta atacaravos directamente. Iso si, é necesario ter sofa o suficientemente cómodo á beira.

A cheminea interminable

Un clásico da internet e que existe tamén en Netflix. Se nos gusta o son da madeira ao queimarse podemos velo, ou escoitalo, durante dúas horas seguidas grazas a este vídeo soporífero e relaxante.

As vistas á choiva

Que mellor relaxación que escoitar unha boa tormenta? Con este vídeo ademais de escoitala podemos vela a través dunha moi ben escollida xanela. A tormenta escóitase tan de lonxe que é capaz de transmitirnos ese sentimento de aniñarnos baixo a manta e non pensar en máis nada que en pechar os ollos.

O lago de Central Park

Un parque no medio da urbe máis grande do mundo. Un lago polo que non pasa nada e o son da xente facendo calquera cousa no fondo. Esta produción orixinal de Napflix pode provocarnos a mellor sesta ou manternos espertos, xa que igual somos dos que cremos que vai pasar algo interesante no vídeo. Xa vos contesto eu: non, non pasa nada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.