Día 14 – Galego en familia

Hoxe toca galego en familia, e para iso traémosvos dúas propostas.

A primeira chéganos do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño. Vexamos que nos din.

A segunda vén das terras ourensás do IES Otero Pedrayo. Imos ver que nos propoñen.

REFLEXIÓN 5

Hoxe tócache realizar a túa quinta gravación de reflexión.

Recorda que, nestes vídeos que deberás gravar en solitario ao final do día, o que realmente importa é a túa sinceridade e capacidade de análise.

Xa levas dúas semana de proxecto!

  • Como valoras a túa segunda semana do proxecto?
  • Se 100 significa que falaches en galego todo o día, cal sería a túa porcentaxe de uso esta semana?
  • Como afrontas a última semana do programa?

Que a afouteza do galego te acompañe!