Día 13 – IES Lamas de Abade / Compostela literaria

O INSTITUTO

O IES Lamas de Abade condúcenos polas rúas de Santiago para coñecer a Compostela máis literaria.

Na páxina Cultura de Galicia podes atopar rutas literarias virtuais de Castelao, Curros, Emilia Pardo Bazán, Pondal, Rosalía e Valle-Inclán, por se queres seguir os seus pasos.

Ruta literaria virtual de Rosalía de Castro.

 

FALAMOS
E ti de onde es? Hai algún ou algunha artista de onde ti es e de quen nos queiras falar?

Se non hai, dinos que artistas galegos che gustan e por que. Tanto ten a arte á que se dediquen, o importante é que che gusten.

____________

 

DÍGOCHO EU!
Da man de Esther e Antonio Mosquera, hoxe ímonos poñer ao día co léxico do deporte.