Día 11 – Ciencia en galego no século XXI: Estíbaliz Espinosa, Adela Otero, Paula Otero, Iria Veiga e Sonia Villapol
O CENTRO
Co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia o IES Valadares tráenos precisamente un vídeo onde están moi presentes as mulleres científicas e as futuras científicas. Esperamos que vos guste.
QUERES SABER MÁIS?
Mira este vídeo realizado para a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo para o Día Mundial da Muller e a Nena na Ciencia. O vídeo “Cousiñas de muller” denuncia o que Margaret W. Rossiter cualifica como “Efecto Matilda”: canto máis brillante é o traballo científico dunha muller, máis se agocha e despreza.
O seguinte está realizado no concello de Ames con motivo deste día.
Deixámosche unhas ligazóns de interese sobre a muller e a ciencia:
Gciencia: Mulleres científicas
GCiencia: Mulleres galegas e ciencia, estes son os libros que debes ler
Praza: Unha ducia de mulleres científicas galegas
UDCientíficas: Directorio de mulleres científicas da UDC
Unidade de Muller e Ciencia de Galicia

XOGAMOS?

