Día 6 – Premios DígochoEu!

Se hai uns amigos dos 21 días co galego e +, eses son Esther Estévez, Carlos Amado e Rocío Pérez, artífices do Dígocho eu!, que tamén nesta edición estarán connosco.

O PROGRAMA

Como sabes, o Dígocho eu! é un espazo de divulgación da lingua galega da CRTVG. Pódelo seguir na súa web:

_______________________________________________________________________

 

 

_______________________________________________________________________

Neste momento podemos atopar no programa diversas categorías de contidos, identificadas con cadanseu cancelo:

#DígochoEu! – é a categoría xeral

#ApuntamentoLusófono -dedicada á aprndizaxe relacionada co mundo da lusofonía e ao contacto con este e que se desenvolve na súa conta de Twitch

#CiberEsther – dedicada á alfabetización dixital

#DígochoWhat – dedicada á alfabetización en galego das persoas de fala inglesa

Tamén podemos seguir o programa nas súas contas nas redes sociais: Facebook, Instagram, TikTok, Twitch (dentro da conta da CRTVG), Twitter e YouTube (dentro da conta da Televisión de Galicia).

 

OS CONCURSOS

O programa ten dous concursos para nós, os centros educativos:

– Os Premios #DígochoEu!, que xa van pola súa segunda edición. Se queres, podes gozar desde a casa da Gala dos Premios #DígochoEu.

– E os Premios Unha Canción para Esther, que se acaban de estrear.

 

OS FINALISTAS

Nesta edición dos 21 días co galego e + ides poder coñecer os protagonistas deste programa, aínda que algúns dos centros participantes polo seu bo facer xa os coñecen por seren finalistas nos Premios #DígochoEu!

Un deles é o CPI Virxe da Cela de Monfero, que nos fala dos falsos amigos co castelán.

E o outro, o IES María Sarmiento de Viveiro, que nos vén ensinar as palabras do taller.

Has aprender ben e halo pasar moi ben con este programa, Dígocho Eu!

Etiquetas