Día 7 – Saúde e benestar

CENTRO

Arrincamos a semana indo ata Ribadeo onde o alumnado do CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús nos vai falar do obxectivo número 3 dos ODS, saúde e benestar.

 

NUN SEGUNDO

O acceso á saúde e ao benestar é un dereito humano e esta é a razón pola que a Axenda para o Desenvolvemento Sostible ofrece unha nova oportunidade de garantir que todas as persoas poidan acceder aos máis altos niveis neste ámbito.

Cómpre asegurar unha vida sa e promover o benestar de todos a todas as idades para construír sociedades prósperas. Isto esixe un compromiso firme e custos altos que se compensan cos beneficios.

As persoas sas son a base das economías saudables. Todos podemos empezar por promover e protexer a nosa propia saúde e a da nosa contorna tomando decisións ben informadas. Ti tamén o podes facer.

 

AS TÚAS MANS SALVAN VIDAS

A finalidade dos primeiros auxilios é adquirir un coñecemento básico que permita, na medida do posible, estabilizar o paciente e aliviarlle a dor e a ansiedade ata que poida ser atendido por persoal sanitario especializado.

Ter coñecementos de primeiros auxilios é importante para saberes que medidas tes que tomar ante unha situación concreta de risco para a saúde.

É fundamental saber que facer e que non facer en cada momento, así como conservar a calma.

Hai unha premisa: actuar só se se sabe como facelo.

 

SABER PARA SALVAR

– Sabes que cómpre facer se che sangra o nariz?

– E se te queimas con aceite mentres cociñas?

– Que pasa se un aparello che dá corrente?

Repara nos seguintes consellos que che poden ser de axuda nunha situación de urxencia:

PARA SABERES MÁIS

Para saberdes máis, deixámosvos unhas cantas ligazóns a páxinas relacionadas con esta temática:

https://escolasaude.sergas.gal/Contidos/Curso-online-Primeiros-auxilios?idioma=ga

https://axega112.gal/gl/content/xoga-e-aprende

https://061.sergas.gal/Paxinas/web.aspx?idioma=ga

https://www.sergas.es/Hospital-2050—Innova-Saude/IS-TELEA?idioma=es

https://www.sergas.gal/A-nosa-organizacion/Aplicacion-mobil-Sergas-Mobil?idioma=ga

https://www.sergas.es/Hospital-2050—Innova-Saude/IS-TELEA?idioma=ga

https://cruzvermella.gal/

Podemos actuar a través dos colexios, clubs, equipos e organizacións para promovermos unha mellor saúde para todo o mundo. Tamén lles podemos esixir aos gobernos, dirixentes locais e demais responsables a adopción de decisións que rendan contas polo seu compromiso de mellorar o acceso das persoas á saúde.

Percorremos un bo treito, pero aínda temos un camiño longo por diante.

 

Etiquetas