Día 10 – Igualdade de xénero
O CPI Alfonso VII de Caldas de Reis escolleu o obxectivo da igualdade de xénero, un tema que cada vez traballamos máis nos centros educativos.
– Que vos parece a análise que se fai no vídeo da repartición do patio?
– Como se reparten os espazos comúns de lecer no voso colexio? Quen ocupa o centro e quen a periferia?
– De que mulleres se fala no vídeo? Coñecíalas a todas previamente?
– Se hoxe tiveses que buscar unha muller galega para ilustrar a igualdade, a quen elixirías e por que?
– Na segunda parte do vídeo, o alumnado amósanos exemplos de situacións nas que aínda non conseguimos a igualdade. Que outros exemplos se vos ocorren a vós?
– De que credes que se está a falar cando se alude ás “novas masculinidades”?
Ás veces tendemos a asociar as cuestións de igualdade de xénero co mundo das cidades e co sector servizos e por iso hoxe querémosvos traer a Ana Corredoira, unha muller que desde o sector primario, e máis concretamente desde a gandaría, reproduce os valores dunha nova xeración de mulleres galegas que reivindican outra forma de vivir o rural en igualdade.
