Día 9 – Cidades e comunidades sostibles

Hoxe o noso centro de interese vén da man do IES A Basella de Vilanova de Arousa que nos veñen contar que acontece cando a túa vila forma parte dunha área turística de gran demanda.

  1. Coñeces o significado dos seguintes neoloxismos?

– Hiperturistificación

– Xentrificación

– Turismofobia

– Turismo sostible

 

  1. Vives nunha vila turistificada? Por que?

 

  1. Cambiarías o teu xeito de facer turismo de coñeceres o impacto desta actividade na vida das persoas habitantes dese lugar?

 

  1. Cales son os beneficios da actividade turística? 

 

  1. Como pode contribuír o turismo cos obxectivos de desenvolvemento sostible?

 

O impacto do turismo está a gañar maior presenza tanto nos debates na rúa coma nos medios de comunicación. Podedes ler varias reportaxes e artigos de opinión sobre o modelo turístico na recompilación de Praza Que turismo? de “ ou ver as últimas noticias relacionadas co turismo na comarca do Salnés no Canal Rías Baixas.

 

Por outro lado, animámosvos a consultar outras fontes para coñecerdes datos estatísticos sobre o turismo nos vosos concellos e comarcas. Podedes revisar a información ofrecida polo Instituto Galego de Estatística (IGE) ou os informes e balances da Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia.

 

Para poñerlles o ramo aos vosos debates sobre o turismo nas vosas vilas e cidades, achegámosvos dúas viñetas do Carrabouxo: enoturistas e fodechinchos.

____

Traémosche tamén este vídeo da docente Eva López Quiroga nos amosa fala do obxectivo número 11 dos ODS. Fai clic na imaxe para chegar á páxina do vídeo.