Día 6 – Reflexionamos 1
Analizamos como nos vai
- Ola, como che vai? Como foi a fin de semana?
- Falaches moito galego?
- Notas que falas máis galego dende que comezaches cos 21 días co galego e máis?
- Cando o falas? E cando non o falas?
- Se non falas galego, esta semana tes que pensar un propósito para ti para falalo máis.
- E, se xa o falas, tes que pensar a quen vas axudar a falar máis ou mellor.
 Todos podemos facer algo pola lingua!
Ao longo desta semana tamén imos falar destas cuestións
- En que lingua empezaches a falar?
- Ti cantas linguas sabes falar?
- E cantas linguas entendes?
- Dixeches que sabías portugués? Imos ver:
Para os máis pequenos:
(Preme na imaxe para ver o vídeo)
Para os outros niveis:
(Preme na imaxe para ver o vídeo)
- Entendiches o que se dicía no vídeo? Pois se a túa resposta é si, súmalle o portugués ás linguas que coñeces!
- Se sabes falar máis dunha lingua, cal delas che cae mellor? Por que?
- Ti sabes ou imaxinas cantas linguas pode haber no mundo?
- E ti sabes cantas linguas saben falar as persoas da túa casa?
- Imos facer unha árbore lingüística familiar poñendo o nome da persoa e as linguas que fala e subliñando aquela en que fale máis, despois coas árbores podemos xuntalas e facer o bosque lingüístico da nosa aula. (Só para determinados niveis que deberá considerar a mestra ou mestre)
Cantamos e bailamos
Hoxe ímonos divertir coa canción do Digochiño interpretada polos grupos Xeración M e as Xeitosas, vaia ritmazo!
(Preme na imaxe para ver o vídeo)




