DÍA 8 – SAÚDE, BENESTAR E CINE
Hoxe imos ata Vigo para coñecer o alumnado do CEIP García Barbón que, a través do cine, traballa o ODS número 3, Saúde e benestar. Fixádevos ben en que o vídeo remata cun rap moi marchoso do alumnado de 1º ciclo.
(Preme na imaxe para ver o vídeo)
A profesora Eva López Quiroga explícanos este obxectivo de desenvolvemento sustentable.
(Preme na imaxe para ver o vídeo)
Falamos
- Ola, como ides de saúde? E como vai a saúde do voso galego esta semana? Non esquezades que a lingua é unha amiga que temos que alimentar todos os días.
- Na túa clase todos tedes pediatra? Cres que no mundo todas as nenas e nenos teñen pediatra? Quen cres que non ten pediatra?
- Manter unha hixiene saudable é fundamental para a saúde. Que hábitos de hixiene tes ti? Toda a clase ten os mesmos?
- O ODS 3 está moi relacionado coa alimentación, como vimos o segundo día no vídeo do CEIP de Nadela. Cres que te alimentas ben? Imos pensar dúas ideas para alimentarnos mellor e despois poñémolas en común.
- E o deporte? Na clase practicades todos deporte? Facedes a mesma cantidade de deporte os nenos e as nenas? E facedes os mesmos deportes? Non esquezas levar o teu galego contigo cando vaias facer deporte!
 
Cantamos e bailamos
No CEIP García Barbón fixeron un rap. Sabes que estilo musical é o rap?
Para que nos quede moi clariño imos ir co Dígocho Eu! ao CEIP Ramón Cabanillas de Santiago. Alí o seu alumnado vainos aprender as diferenzas entre rap, reguetón e regueifa.
(Preme na imaxe para ver o vídeo)
Cantamos e bailamos
E como hoxe estamos co rap, non temos mellor maneira para despedirnos que cantando e bailando o “Rap da lingua” de Migallas Teatro. Cántao e báilao con eles!
En galego! Xa! Si!
(Preme na imaxe para ver o vídeo)


