Día 10 – Mulleres galegas imprescindibles
E chegou o venres, hoxe imos ir ata Santiago de Compostela para encontrar as nosas amigas e amigos do CEIP López Ferreiro que nos van falar de mulleres imprescindibles. Vexamos os seus vídeos.
(Preme na imaxe para ver o vídeo)
Falamos
- Todos temos mulleres imprescindibles. Cal é a túa muller imprescindible? E por que é importante para ti?
- Convidámoste a que hoxe lle digas en galego á túa muller imprescindible o importante que é para ti, seguro que vai levar unha alegría, porque a lingua tamén serve para dar amor.
- Como ides co galego hoxe? Gústavos falar galego na escola?
- Como nos sentiríamos se non puidésemos falar galego na escola?
- Que medidas se vos ocorren para poñer en valor o galego e que se fale máis?
Botar as sortes
- E sabedes botar as sortes? É moi importante saber botar as sortes para poder xogar.
Tedes aquí un vídeo de Orella Pendella para aprender máis.
(Preme na imaxe para ver o vídeo)
E aínda podedes atopar máis recitados para botar as sortes na marabillosa páxina Orella pendella.
Cantamos e bailamos
Hoxe poñemos as mulleres en valor tamén a través da música e traémosvos a canción “Son muller” dun grupo de rapazas moi novas que se chama
(Preme na imaxe para ver o vídeo)



