DÍAS 1 E 2 – XOGAMOS EN FAMILIA E COAS AMIZADES (Educación Primaria 1º Ciclo)
Ola familias, nenas e nenos de 1º Ciclo de Educación Primaria, aquí tedes as propostas para xogardes na casa esta primeira fin de semana dos 21 Días co galego e +.
Foron realizadas por rapazas e rapaces deste nivel educativo do Colexio La Grande Obra de Atocha da Coruña, do CEIP Albeiros de Lugo e do CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas do Barco de Valdeorras.
Esperamos que vos gusten e que o pasedes moi ben xogando en galego!
