DÍA 4 – ARREDOR DA MURALLA
Ola, somos o CEIP Albeiros de Lugo e hoxe queremos falarvos do elemento máis esencial do noso patrimonio e que nos representa a todos, a nosa muralla romana. Esperamos que vos guste o noso vídeo.
Falamos
• Que vos pareceu o vídeo? Cal foi a parte que máis vos gustou?
• Algún de vós foi algunha vez á cidade de Lugo?
• Que festas aparecen no vídeo? Como se chaman?
• Que se fai nas festas máis coñecidas da cidade de Lugo?
• Agora, podedes invesAgar sobre as seguintes cuestións:
• Cando se construíu a Muralla de Lugo?
• Quen a construíu?
• Sabes cantas portas ten a Muralla de Lugo? Preme na imaxe e fai unha lista co nome de todas.
No vídeo dise cal é a parte da muralla que é máis fotografada. Lembras cal era?
Que lugar está situado preto da ponte romana e serve para relaxarse? Como se describe este lugar?
Para os máis pequerrechos
Para os máis pequerrechos deixamos aquí esta canción titulada “O canciño” de Uxía Lambona e a Banda Molona para cantar e bailar.
Xogamos
Traémosvos o Xogo da Zoca do CEIP Albeiros que é unha adaptación do tradicional “xogo da oca”. Podedes imprimir esta versión e precisaredes un dado para xogar e fichas de cores.
Xogo da zoca do CEIP Albeiros – Instrucións
O xogo da zoca do CEIP Albeiros- taboleiro

