DÍA 7 – REFLEXIÓN 1

Chegamos ao venres da primeira semana e imos aproveitar este día para reflexionar ademais de pasalo ben.

Analizamos como nos vai

  • Ola, como vos vai? Como foi esta semana?

  • Falastes moito en galego?

  • E ti, aprendiches algunha palabra riquiña?

  • Notades que falastes máis galego dende que comezastes cos 21 Días co galego e +?

  • E ti, cóntanos. Cando o falas? E cando non o falas?

  • Se non falas galego, esta semana tes que pensar un propósito especial para ti para falalo máis.

  • E, se xa o falas, tes que pensar a quen vas axudar a falar máis ou mellor.

  • E non esquezas levar o galego para a casa, que non lle gusta quedar soíño na escola a fin de semana.

Lembra: Todos podemos falar!

E agora imos visitar o noso xabarín máis querido. (preme na imaxe)

 

 

Para Pequerrech@s – Bibopalula (preme na imaxe)

 

Para Cativ@s – Picariños (preme na imaxe)

 

 

Para Mociñ@s – Shinchan (preme na imaxe)

 

 

E, como non pode ser doutro xeito, rematamos a semana cantando e bailando!

 

Boa fin de semana e non esquezas visitar o blog tamén o sábado e o domingo coa túa familia para pasalo ben cos xogos que nos traen os dez colexios dos 21 Días co galego e + desta edición.

 

 

Etiquetas