DÍA 13 – UN MUNDO CHEO DE CIENCIA

Ola, somos as alumnas e alumnos do CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos, unha localidade situada na costa coruñesa e queremos contarvos  como este ano o noso colexio se converteu nun gran laboratorio onde descubrimos moitas cousas sobre ciencia. Investigades connosco?

 

FALAMOS

E vós no voso colexio tamén facedes ciencia?

Que investigades?

Investiga que emoción sentes cando falas galego.

A ti que che gustaría poder inventar?

Aquí, no noso cole…

O alumnado de Educación infantil investiga o noso corpo por dentro e por fóra.
Saberías dicir algunha parte do corpo?
Veña de seguro sabes algunha máis difícil!
Pensa nos órganos, músculos, ósos…

As nenas e nenos de encárganse dos mares e océanos…
Saberías dicir o nome dalgúns?
Imaxinas algunha forma de coidalos?
Cantos animais mariños curiosos coñeces?

Os de andamos argallando cos fungos.
O lévedo serve na elaboración do pan pero, coñeces algún outro fungo ou ser vivo que teña que ver con algún proceso alimentario?

En preocúpanse moito polo noso benestar emocional e mental.
Que vos parece repasar un pouco as emocións?
Cando as emocións non andan moi ben ordenadas, que sensacións temos?

As rapazas e rapaces de traballan na ciencia dende a Prehistoria.
Saberías dicir algún invento daquela época?
Seguimos utilizándoos na actualidade?

O alumnado de propón indagar na intelixencia artificial.
Podedes falar dos beneficios que nos achega esta tecnoloxía ao noso día a día e tamén dos seus posibles riscos.

As mozas e mozos de andan a voltas con diferentes temas.
Sabedes que outras cancións, ademais da Macarena, son válidas para facerlle a unha persoa unha RCP?
Conversade sobre a importancia da investigación das novas vacinas e tratamentos en medicina e sobre cales serían os mellores avances médicos se puidésedes vós dirixir as investigacións médicas mundiais.

 

CANTAMOS E BAILAMOS

Hoxe ímosvos propoñer dous temas musicais, no primeiro vemos como Esther se levanta científica coma nós con moita vitalidade para comezar o día querendo aprender cousas.

O segundo tema musical que vos propoñemos é “María e a Curuxa” do artista Xabier Díaz. Este é o segundo single do disco Levantarse e caer publicado en abril de 2022. Gústanos moito porque é un fermoso videoclip animado, porque aparecen moitos animaliños e tamén porque nos convida á tranquilidade da noite.

Etiquetas