DÍA 14 – REFLEXIÓNS E LECTURAS

Xa pasaches da metade dos 21 días co galego e +. Parabéns!

Hoxe traémosvos as reflexións da segunda semana e moitas lecturas. Esperamos que vos gusten!

 

Analizamos como nos vai

Seguro que es das persoas que se está implicando moito e tes aí o teu galego funcionando a tope. Hoxe é venres e tócanos reflexionar.

  1.  Fixácheste como guapeaches falando en galego? Como levas isto de falar sempre en galego? Está a ser como ti esperabas? Falas máis ou menos do que esperabas?

  2. Notas que falas máis galego dende que comezaches cos 21 días co galego e máis? Cando o falas? E cando non o falas?

  3. A xente fálache toda en galego cando ti lles falas en galego?

  4. Hai persoas que antes non che falaban en galego e agora si que o fan? Iso é normal porque o galego se multiplica nas bocas; canto máis o falas, máis cho falan tamén.

  5. Quen fala máis galego contigo? Quen te axuda máis a falar en galego? Regalar palabras é dos agasallos máis bonitos que pode haber; sería unha boa idea que a esa persoa hoxe lle deas unha súper aperta por regalarche a súa lingua. 

  6. Pasouche algún suceso ou cousa curiosa falando en galego dende que comezamos os 21 días?

  7. Estades vendo os vídeos todos os días? Cales foron os que vos gustaron máis sen contar o do voso cole?

  8. Que che están a parecer as actividades dos 21 días co galego e máis no teu cole? Que é o que máis che gusta?

  9. Se non falas galego, esta semana tes que pensar un propósito para ti para falalo máis.

  10. Pensade entre todas e todos que podedes facer na terceira parte do programa para mellorar o voso galego.

  11. E, se xa o falas, pensa en como podes axudar esas compañeiras ou compañeiros que teñen máis dificultades.

Lembra que todos podemos facer algo pola lingua!

M8 por ler!

Traémosvos unha campaña que nos fala da importancia de ler en galego porque na nosa lingua temos MOITO POR LER.

 

https://youtu.be/UwfV1ufmuog?si=I8TrqE5MVY9WaKy-

Nos 21 Días co Galego e + tamén lemos.

 

 

 

A Digochiño gústalle ler!

Hoxe Digochiño ten que escoller un libro. Cal cres que escollerá?

 

E ti?

Cóntanos que libro escollerías.

 

Música e libros

E a nosa proposta musical de hoxe ten que ver tamén cos libros, traémosvos os “Cabaleiros bibliotecarios” do disco Ramona Órbita a dona do tempo de Pakolas.