DÍAS 15 E 16 – XOGAMOS EN FAMILIA E COAS AMIZADES (Educación Primaria 2º Ciclo)
Ola familias, nenas e nenos de 2º Ciclo de Educación Primaria, aquí tedes as propostas para xogardes na casa esta terceira fin de semana dos 21 Días co galego e +.
Foron realizadas por rapazas e rapaces deste nivel educativo do CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos, do CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas do Barco de Valdeorras e do Colexio Plurilingüe La Grande Obra de Atocha da Coruña.
Esperamos que vos gusten e que o pasedes moi ben xogando en galego!

