DÍA 18 – Reciclaxe e consumo responsable da auga

Ola, somos o alumnado do CEIP Manuel Respino da Rúa de Valdeorras e hoxe queremos propoñervos unha reflexión sobre a reciclaxe e o consumo responsable da auga. Esperamos que vos gusten o noso vídeo e todas as propostas que vos traemos ao redor da auga.

 

FALAMOS

1. O proxecto Ruagua aposta pola sostibilidade. Para vós, que significa realmente “sostibilidade”? Pensades que é unha prioridade hoxe en día?

2. No vídeo menciónase que pequenos cambios poden ter un grande impacto no futuro. Que exemplos de cambios pequenos poderían ter un impacto significativo?

3. Que sentides cando escoitades a frase “cada gota conta”? Poderiades dar un exemplo onde unha pequena acción cambiou algo máis grande?

4. Pensades que medir o consumo diario de auga podería cambiar os vosos hábitos? Se é un si, de que forma?

5. Que outras accións, ademais das mencionadas no vídeo, poderían axudar a reducir o consumo de auga e a coidar o medio natural?

6. Segundo o vídeo, o proxecto axuda a que nenos e nenas medren como persoas. En que pensades que vos pode cambiar participar nun proxecto coma este?

7. Credes que é máis importante educar as novas xeracións ou cambiar os hábitos das persoas adultas? Por que?

CONTO

Traémosvos tamén o conto “A gotiña de auga que quería ser especial”, unha historia para entender o noso planeta na que se explica como se forman os arcos da vella.

 

ANIMACIÓN

As aventuras de Minchi (capítulo 30): “Augas limpas, aforro de auga”.

 

O terrario de Minchi está no cuarto de baño onde observa como Dani cepilla os dentes sen pechar a billa, o que provoca a reflexión sobre o bo uso da auga e o problema do cambio climático.

 

CANTAMOS E BAILAMOS

“Ecoloxistas” de Mamá cabra.

“Na beira” de Uxía Lambona.

“Rianskeira” de Uxía Lambona.

O CICLO DA AUGA

 

Esther regresa á casa laiándose da forte bategada que está a caer e atopa a Digochiño vendo barcos nun catálogo para botarse ao mar e sobrevivir ao dioivo. A moza aproveita a confusión do raposiño e explícalle, dun xeito moi sinxelo, como funciona o ciclo da auga.

ECOTEST

Se queres descubrir o ecoheroe ou ecoheroína que levas dentro para facer da Terra un lugar mellor propoñémosche facer este test.

EXPERIMENTOS CON AUGA

Pim pan experimenta: A augaA auga e a súa importancia protagoniza a rolda de preguntas pola que compiten os equipos de

Virxe do Corpiño (Begonte) e Terra Cha de Román (Vilalba)

– Practicamos con 5 experimentos de auga en Aulas Galegas.

RECITADO DE POEMAS

En Galicia a auga está moi presente: na chuvia, nos mananciais, nos regatos, nos encoros, nos balnearios, nas pozas de augas termais, no mar… A auga molla, a auga cura, a auga apaga a sede, a auga refresca, a auga relaxa …

Como non podía ser doutra maneira, moitas e moitos poetas dedicáronlle os seus versos á

auga:

Chove seguido e mainamente sobre min.

O meu corpo recibe a auga,

submiso e agradecido, como

un don benfeitor e fecundante.

Semello un penedo ergueito:

a choiva vaime traballando,

luíndo, facendo florecer

na miña pel paleiros e couselos.

Gracias, pois, á choiva son irmao

das pedras, dos penedos

e dos xardíns que, nos lousados,

pon, como un galano, a Primavera.

«Choiva»

Manuel María. A luz resucitada (1984)

BANDA DESEÑADA

Cun guión de Marilar Aleixandre e debuxos do Estudio Tangaraño, De quen é a auga? é un cómic que explica e ensina a relevancia de administrarmos ben o consumo de auga e a súa importancia no ecosistema. Preme nesta ligazón e descárgao de balde.

XOGO INTERACTIVO

“A auga non para” é un xogo interactivo sobre o ciclo da auga que pretende concienciarnos en bos hábitos de uso e consumo e aforro de auga así como tamén difundir os aproveitamentos tradicionais da auga: fontes, muíños, pontes… cunha visión integradora e sostible da xestión dos recursos e o benestar das xentes.

Podes atopar aquí o taboleiro online.