DÍA 20 – Reflexión final

Dende o CEIP Sequelo de Marín chéganos este “Tantarantán dos 21 Días co galego e +”. Animádesvos a inventar vós tamén un tantarantán?

Isto vai chegando á súa fin, hoxe tócavos realizar a terceira e última reflexión antes da festa final de mañá para celebrar que o galego cada vez está máis vivo en nós.

Para educación infantil

Como vos foi esta semana?

Falastes en galego?

3 Cal foi o xogo que vos gustou máis?

4 Queredes que outra vez volvamos facer os 21 días co galego e máis no voso cole?

5 Hoxe cada unha e cada un de vós ten unha misión especial. Tes que escoller a túa palabra en galego favorita e debuxala nun papel ou nunha cartolina. Debaixo ponlle Fala galego comigo! e dálla á persoa que ti queiras para que fale galego contigo.

Para as pequenas e os pequenos 

Como vos foi esta semana?

Falastes en galego?

3 Esta experiencia axudouvos a coller soltura á hora de vos desenvolverdes falando en galego?

4 Atopastes algún atranco para falardes en galego durante estas tres semanas? Se é que houbo algún, explicade cal ou cales foron.

5 Cal foi a actividade que vos gustou máis nestas semanas?

6 Que outra actividade vos gustaría facer para animarvos a falar en galego?

7 Queredes que outra vez volvamos facer os 21 días co galego e máis no voso cole?

8 Hoxe cada unha e cada un de vós ten unha misión especial. Tes que escoller a túa palabra en galego favorita e debuxala nun papel ou nunha cartolina. Debaixo ponlle Fala galego comigo! e dálla á persoa que ti queiras para que fale galego contigo.

 

Para a rapazada máis grande do cole

Como vos foi esta semana? Falastes galego?

Atopastes algún atranco para falardes en galego durante estas tres semanas? Se é que houbo algún, explicade cal ou cales foron.

3 (Pregunta de resposta individual) Consideras que nestas tres semanas aumentou a túa competencia oral en galego ou consideras que axudaches a que outras persoas mellorasen a súa competencia oral?

4 (Pregunta de resposta individual) En calquera acción que emprendamos, os logros relaciónanse directamente co grao de implicación.

Do 1 ao 10, que nota cres que deberías levar no proxecto tendo en conta o desenvolvemento da túa competencia en lingua oral ou os logros que conseguiches con outras persoas?

Do 1 ao 10, que nota cres que deberías levar no proxecto tendo en conta o teu nivel de traballo e o teu grao de implicación?

Que nota che sae de media? Consideras que é boa en relación co teu esforzo?

5 (Pregunta de resposta individual) Consideras que estás en situación de ser galegofalante?

6 Cal foi a actividade que vos gustou máis nestas semanas?

7 Que outras actividades vós gustaría que houbese para animarvos a falar máis en galego?

8 E que actividades vos gustaría organizar a vós para o resto do alumnado que servisen para falar máis galego?

(Pregunta de resposta individual) Se estivese na túa man a continuidade do proxecto, continuarías con el noutros cursos, modificaríalo ou eliminaríalo?

10 Hoxe cada unha e cada un de vós ten unha misión especial. Neste mes de febreiro que acolle a Candeloria para festexar a amizade e o amor, decláralle nunha nota a túa amizade a alguén que sexa amiga ou amigo teu e remata a túa mensaxe poñéndolle o desexo Compartamos a nosa lingua, compartamos o galego!

Etiquetas