DÍA 21 – Clausura 1

Rematamos a edición musical deste ano dos 21 Días co Galego e + cantando e bailando “Ai! Ho! Galego!”, unha canción que xa se ten convertido nun himno nos coles participantes.

Nesta ocasión ademais, dáse a circunstancia de que Nacho Hermida, compoñente de Cholo e Nela é ademais coordinador dos 21 Días no CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras.

 

Estamos en Galiciaaaaa, Falamos en Galegooooo… 

OS 21 DÍAS CO GALEGO E + NO GALICIA X DIANTE DA RADIO GALEGA

Como? Que houbo algún día que perdiches de escoitar os 21 Días co galego e + no Galicia x Diante?

Pois hoxe estamos aquí para remedialo, premendo na imaxe poderás acceder á plataforma AGalega Audio onde atoparás as intervencións de todos os coles que este ano participastes nos 21 Días.