BENVIDAS E BENVIDOS AOS 21 DÍAS CO GALEGO E + 2026
BENVIDAS E BENVIDOS AOS 21 DÍAS CO GALEGO E + 2026!
Dámosvos a benvida á oitava edición dos 21 Días co Galego e +, un programa que pretende aumentar e perfeccionar o emprego oral do galego así como a reflexión persoal sobre a relación que cada persoa ten coa lingua galega e co resto de idiomas que coñece porque en nós está o principio da nosa universalidade.
Estes son os dez centros protagonistas da presente edición:
-
CEIP A Ponte de Lugo
-
CEIP A Ponte de Ourense
-
CEIP Álvarez Limeses
-
CEIPP Anxo da Garda da Coruña
-
CEIPP Benigno Quiroga Ballesteros de Lugo
-
CEIPP Irmáns Villar de Ourense
-
CEIP Isidro Parga Pondal de Oleiros
-
CEIPP Os Tilos de Teo
-
CEIPP Ría de Vigo de Oia
-
CPRP Amor de Dios de Vigo
Cabo deles viaxaremos durante 21 días a través de moitas actividades divertidas para achegarte a toda unha vida enteira en galego.
Hoxe estamos de festa nestes dez centros educativos, convidámoste a comezar con nós cantando e bailando “AI! HO! GALEGO! Camiño da Fala”, a canción de Cholo e Nela que se ten convertido no noso himno.
Clica na imaxe para ver o vídeo.


